Artigos
Quen somos
![]() Xosé Lois Valcárcel Valcárcel |
![]() Begoña Carrera Ríos. |
Valcárcel Carrera Avogados é un despacho integrado por dous profesionais, establecido nunha zona céntrica de Vigo (fronte á sé en Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia). Traballamos en todas as ramas do Dereito e estamos especializados en Dereito de Familia e Herdanzas, Dereito Mercantil e Concursal e Dereito Administrativo, Urbanístico e Medioambiental. No noso despacho caracterizámonos polo asesoramento próximo ao cliente, claro, rigoroso e honesto, e polo traballo en equipo, a dilixencia e a eficacia na prestación dos nosos servizos xurídicos. Informarémoslle regularmente do estado de tramitación en que se atope o asunto que nos confíe. A través desta páxina web pode contactar connosco e facilitarémoslle unha primeira orientación á súa consulta. Tamén pode solicitar orzamento polo asesoramento e a prestación dos nosos servizos.
|