O ESCRACHE

A Audiencia Provincial de Madrid rexeita o recurso da Fiscalía e confirma o arquivo da causa polo Escrache perante a casa de Soraya Sáenz de Santamaría.

            O escrache realizado á Vicepresidenta por parte do colectivo da PAH (Plataforma Afectados pola Hipoteca) non entra no tipo penal de coaccións, nin de reunión ou manifestación ilícita, nin desordes públicos, nin de desobediencia á autoridade, como pretendía a Fiscalía.

            O escrache é definido no Auto como "manifestación de grupos activistas que se dirixen ao domicilio ou lugar de traballo de alguén a quen se quere denunciar e que ten como fin que as súas reivindicacións teñan repercusión na opinión pública" ao que engade "Non sería unha interpretación conforme á Constitución, considerar delictiva a conducta de persuadir ou tratar de influír nas decisións políticas do Goberno , dos Parlamentos, nin, en xeral, dos responsábeis públicos con capacidade de decisión sobre asuntos xerais, salvo que se fixera por medios violentos".

Continúa dicindo "É evidente que as manifestacións e concentracións que de forma cotiá lévanse a cabo por toda a xeografía española prodúcense como medio de denuncia ou protesta polas decisións tomadas ou que se van tomar polos  responsábeis políticos ou económicos, constituíndo un mecanismo ordinario de participación democrática da sociedade civil e expresión do pluralismo dos cidadáns E o mesmo pode dicirse do presente caso, sen que a particularidade de terse producido fronte ao domicilio da Vicepresidenta do Goberno lle confira outro carácter."

 

Descarrega o AUTO en

AAP_sobreseimiento_escrache.pdf